O BNG insiste na necesidade dun estudo sobre a rede de sumidoiros de Ribeira

    estudotecnico_100_041208.jpgRIBEIRA > O BNG de Ribeira presentou unha moción solicitando a realización dun estudo téncico sobre a rede de saneamento do municipio

    {flowplayer}barbanza/estudotecnico.flv{/flowplayer}

    Ante os frecuentes problemas de inundacións e malos cheiros derivados do mal funcionamento da rede de sumidoiros, o BNG de Ribeira decidiu presentar unha nova moción solicitando a realización dun estudo que inclúa as medidas correctoras para solucionar os fallos que se detecten.

    A solicitude non é nova posto que xa en outubro de 2007, o grupo nacionalista levara a pleno esta proposta que daquela non tivo o respaldo do grupo de goberno. Sen embargo, os nacionalistas lembran que o executivo anunciou a inminente contratación dunha empresa especializada para a realización do informe técnico en xuño deste mesmo ano, sen que ata o momento teñan noticia de si se procedeu ou non á actuación.

    Información

    Na moción, que agardan sexa debatida no primeiro pleno do ano, os nacionalistas solicitan ó goberno que informe sobre o estudo realizado e acometa as actuacións recomendadas polos técnicos.

     De non ser asumibles a curto prazo, dende o BNG instan a que se adopten medidas que minimicen as molestias derivadas do mal funcionamento da rede de saneamento.

    Redacción Barbanza