Arousa e Vilalonga chegan ó derbi da Lomba igualados a todo

futbol250_051208.jpgSALNÉS > Dous equipos con moitas similitudes este ano pola súa forma de xogar e pola súa traxectoria e que precisan dos puntos para continuar nunha situación tranquila na táboa.

{flowplayer}images/salnes/Arousa-Vilalonga_051208.flv{/flowplayer} 

Máis igualdade prácticamente non pode haber. Arousa e Vilalonga suman 17 puntos a día de hoxe, acadados do mesmo xeito, con catro victorias e cinco empates, e ademais teñen a mesma diferencia de goles, +1.

Por se fora pouco, tres dos seus últimos catro enfrontamentos na Lomba remataron con 1-1. Ademais, con Laxes e Gabi Leis nos banquiños, os dous equipos queren a posesión de balón e abogan polo xogo combinativo.

Para o adestrador do conxunto vilagarcián, a gran batalla do encontro estará ahí; o que poida impoñer o seu futbol terá moito gañado.

Nesa loita terán moito que ver os xogadores que crean xogo no Arousa e que este ano están raiando a un gran nivel, como Padín ou Fernando. Un dos contratempos que se atopará o Vilalonga estará precisamente en saber contelos sen contar con Luismi, o centrocampista de corte defensivo do conxunto celeste que está lesionado. Con todo Gabi Leis confía en que o seu equipo continúe pola boa liña de xogo que está a amosar nas últimas semanas e que ésta lles leve a gañar máis partidos.

No Arousa, centraranse fundamentalmente en amarrar ben o encontro na parcela defensiva, moi cuestionada nas últimas semanas.

No apartado de baixas, ademais da de Luismi, Gabi Leis non poderá contar con Quito, mentres que Machu xa recuperado, podería entrar no once inicial formando parella de ataque con Saúl.

No Arousa é máis preocupante a situación, Nelo lesionado no xeonllo e Valiñas, operado recentemente no tabique nasal, non estarán. Tampouco Jesús e Juanito por motivos persoais. Pola contra Laxes recupera a Miguel e a Chiño para este partido que promete bo fútbol e espectáculo e que dará comezo mañá ás 18:00 no campo da Lomba.

Redacción Salnés