O Portonovo a seguir coa boa liña, o Céltiga busca o gol

futbol2501_051208.jpgSALNÉS > O Portonovo quere sumar a súa terceira victoria consecutiva na casa mentres que o Céltiga precisa rematar canto antes cunha sequía goleadora que comeza a ser preocupante.

{flowplayer}images/salnes/Portonovo-Celtiga_051208.flv{/flowplayer} 

O Céltiga terá que romper coa historia se é que quere gañar mañá en Baltar. O Portonovo conta cinco victorias e un empate nos seis enfrontamentos de ambos en Terceira División. A última a do ano pasado; Curiel fixo o único gol do encontro a cinco para o final. Por aquel entón, hai trece meses, Piscis e Núñez ocupaban os banquiños. Agora as cousas cambiaron moito. Milucho loita por colocar ó Portonovo nunha situación tranquila na táboa; Josiño Abalde por situar o máis arriba posible ó seu Céltiga.

A tenor do acontecido nas últimas xornadas, as cifras din que a este encontro chega un pouquiño peor o Céltiga. A cinco do ascenso sitúanse os da Illa, oitavos con 21 puntos, e levan cinco partidos nos que tan só acadaron un gol .

O Portonovo pola contra venceu na casa os últimos dous encontros a rivais complicados como Ourense e Cerceda e teñen tres puntos de marxe co Gran Peña, que a día de hoxe marca o descenso.

No apartado de baixas, polo cadro local non estarán Baptiste, que pese a que leva dous días adestrando non está listo para xogar. O mesmo pásalle a Castilla, que sufre unha microrotura fibrilar e que non quere arriscar por medo a que a lesión se converta en algo máis grave. Melchor sofre unha escordadura no seu xeonllo e Javi Millos tampouco estará, xa que esta semana foi apartado do equipo durante dous meses por indisciplina.

No Céltiga tan só Albert, que aínda ten para un mes, non estará a disposición de Josiño. Volta Nacho, recuperado das súas molestias.

O encontro, mañá ás 16:15 nun campo de Baltar que promete ter unha das mellores entradas da temporada.

Redacción Salnés