Un vilanovés morre nun accidente camiño do lugar onde atropelaran ó seu fillo maior

    novo_atropelo_vilagarcia100.jpgSALNÉS > As estradas da comarca rexistraron, esta noite, outra noticia desgraciada. Un vilanovés de 38 anos de idade morreu ao estrelarse …

    {flowplayer}images/salnes/novo_atropelo_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    SALNÉS > As estradas da comarca rexistraron, esta noite, outra noticia desgraciada. Un vilanovés de 38 anos de idade morreu ao estrelarse o automóbil no que viaxaba coa súa muller e o seu fillo, que resultaron feridos. O condutor falecido conducía, con presa, cara a Vilagarcía para acudir a atender ao seu fillo maior que acababa de ser atropelado.

    Esta cadea de desgrazas comezou arredor das once da noite de onte, cando un rapaz de 17 anos era atropelado no centro de Vilagarcía. Os feitos ocorreron no cruce que une as rúas doutor Tourón e Fontecarmoa. Un vehículo que procedía do centro da cidade en dirección a Cambados realizou un xiro á esquerda e, durante esta manobra, feriu a un peón que atravesaba o paso de cebra. A vítima sufriu feridas leves e foi trasladado ao hospital do Salnés. Desde onde saíu polo seu propio pé cun collarín no pescozo, como medida preventiva.

    O pai da vítima deste atropelo recibiu o aviso de que o seu fillo sufriu un accidente de tráfico e colleu o coche, en dirección a Vilagarcía, acompañado neste viaxe pola súa muller e o seu fillo. A desgraza cebouse con esta familia cando o automóbil se desviou da estrada e chocou contra un sinal vertical. Este accidente rexistrouse na estrada PO-549 á altura de Vilanova. O vehículo saíuse da estrada pola marxe dereita e, tras impactar contra o sinal, o vehículo deu varias voltas de campá. O condutor do vehículo, un vilagarcián de 38 anos, morreu no acto como consecuencia do impacto. Os outros dous ocupantes do coche, a súa muller e o seu fillo resultaron feridos graves e permanecen ingresados no Hospital Domínguez.

    Hoxe os vilagarciáns estaban consternados por esta traxedia e comentaban as circunstancias nas que se produciu o atropelo. O número 40 en Vilagarcía, no que vai de ano. Os veciños da zona demandan ao concello que pinte máis pasos de cebra na rúa doutor Tourón para evitar atropelos como o que sucedeu esta noite. A falta de pasos de peóns nesta rúa provoca situacións perigosas segundo estes veciños.

    Ás 9 e media desta mañá o servizo de emerxencias sanitarias de Galicia 061 recibiu unha chamada para advertir dun accidente de tráfico no concello de Moraña, na estrada de Cuntis a Moraña. Neste terceiro accidente, resultaron feridas tres persoas, dúas de elas mulleres, que foron trasladadas ao complexo hospitalario de Pontevedra con prognóstico reservado.

    Redacción Salnés