Candea ilustra seis poemas de Cabanillas

ofrenda_fadas100_161208.jpgCAMBADOS > Candea acaba de publicar ‘Ofrendas das fadas no portal de Belén’, un retablo de Nadal con poemas de Cabanillas ilustrados …

{flowplayer}images/salnes/poemas_ilustrados_cabanillas.flv{/flowplayer}

CAMBADOS > Candea acaba de publicar ‘Ofrendas das fadas no portal de Belén’, un retablo de Nadal con poemas de Cabanillas ilustrados coas creacións de sete mestres. Con esta publicación, a asociación de ensinantes do Salnés inaugura o Ano Cabanillas, que dará comezo oficialmente o 1 de xaneiro de 2009.

Ademais de renderlle homenaxe ó ilustre escritor cambadés, Candea pretende que durante o Nadal os pequenos poidan seguir traballando coa obra de Cabanillas. A Consellería de Cultura subvencionou a edición desta obra. A delegada en Pontevedra, María Xesús López, lembrou que Cabanillas foi un dos autores que utilizou o teatro para comunicar á sociedade unha serie de valores sobre a lingua e a cultura galega.

A obra divídese en seis poemas distintos todos eles ilustrados. Eduardo Baamonde pintou a raíña das fadas, Xulio Gayoso a dos Campos, e Manolo Busto a das Ágoas. A da Montaña foi cousa de Saúl Otero, a do Mar pintouna Mon Daporta e Fernando Arenaz, ó Ánxel. Adela Leiro encargouse da portada, unha fotomontaxe entre os penedos do Larouco e unha posta de sol en Sálvora. En total editáronse 500 exemplares, que serán repartidos entre colexios, casas de cultura e librerías de xeito gratuíto.

Redacción Salnés