Balseiro instará á Xunta a efectuar o pago das axudas ós mariñeiros do cerco

balseiroportosin_100_241208.jpgPORTO DO SON> Xosé Manuel Balseiro mantivo un encontro cos armadores e mariñeiros do cerco de Portosín para abordar o cobro das axudas de 2008.

{flowplayer}barbanza/balseiroportosin.flv{/flowplayer}

A flota do cerco de Portosín constitúe a máis numerosa de toda Galicia cun total de 180 mariñeiros dedicados á captura da anchoa. A veda que afecta a esta especie, motivada pola escaseza dos recursos pesqueiros, obrigou a habilitar unha serie de axudas para o sector tanto dende o goberno central como da administración autonómica. Axudas que, a día de hoxe, aínda non fixo efectivas a Consellería de Pesca.

De aí,a visita que este mércores realizou o portavoz popular de Pesca no Parlamento, Xosé Manuel Balseiro, que escoitou as peticións do sector e comprometeuse a instar ó goberno galego a realizar o pago de forma inmediata.

O patrón maior de Portosín, Eduardo Carreño, acusou á administración autonómica de enganar ó sector con constantes negativas para evita-lo pago das indemnizacións. Considera que a súa situación é moi distinta á das outras flotas da costeira en todo o Cantábrico que xa teñen cobrado as axudas procedentes dos seus respectivos goberno autonómicos.

Da mesma opinión é o deputado popular que critica a xestión da Consellería de Pesca que, ano tras ano, vén demorando o pago das subvencións. Así mesmo, considera que as negociacións das cotas e o paro biolóxico da anchoa foron moi negativas para Galicia. De aí, o mal momento que atravesa o sector que precisa, urxentemente, do apoio da administración.

Redacción Barbanza