Pontevedra empregará o Fondo de Investimento Local en saneamento e patrimonio

    inversionlocalpontevedra100.jpgPONTEVEDRA > O concello de Pontevedra empregará os Fondos de Investimento Local para recuperar o patrimonio histórico e mellorar o saneamento

    … nos arrabaldes da cidade. Os residentes da vila serán os principais beneficiarios desta inversión, de máis de 7 millóns de euros, que concede o Goberno Nacional aos concellos para dinamizar ao sector da construción nesta época de crise.

    3 millóns de euros para recuperar o centro histórico. 1 millón de euros para obras de saneamento no arrabalde da cidade. 2 millóns de euros para separar as augas pluviais e 1 millón máis para levar a cabo varias obras no rural. En total suman 7 millóns de euros que o concello de Pontevedra vai recibir do Goberno Central e que investirá na cidade en función das necesidades, segundo afirmou en rolda de prensa a tenente de Alcalde, Teresa Casal.

    O concello pontevedrés investirá case un millón de euros dos Fondos de Investimento Local en rehabilitar o conxunto patrimonial da Alameda. O concello destinará uns cincocentos mil euros para iluminar artisticamente a Basílica de Santa María e máis dun millón e medio de euros para crear un Centro de Interpretación na Avenida de Santa María. As obras de saneamento concentraranse nas inmediacións do Lérez e na reparación dos colectores de ambas marxes do río. Varias rúas do centro da cidade tamén se verán beneficiadas polas obras de separación das augas pluviais que acabará coas inundacións que se producen na cidade, nos días de chuvia.

    Estas obras aprobaranse na vindeira Xunta de Goberno do concello. O paso seguinte será presentalas na subdelegación do Goberno que as remitirá ao Executivo Nacional co fin de que as aprobe, a principios do ano 2009.

    Redacción Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/inversion_local_pontevedra.flv{/flowplayer}