SALNÉS > Repasamos os mellores goles que nos deixaron os equipos da comarca do Salnés neste primeiro tramo da temporada 2008/2009.
{flowplayer}images/salnes/Musicalgoles_261208.flv{/flowplayer}
Chegou o parón de Nadal. Atrás quedan xa catro meses de competición que foi mellor para uns que para outros. Eso sí, todos deron nalgún momento boas doses de espectáculo.
No quinto posto, o moreniño do Céltiga. Kelvin recibe de Peloto e manda un trallazo á escadra para axusticiar ó seu ex-equipo, o Pontevedra B. O nixeriano está a ser a referencia en ataque do equipo de Josiño.
No número 4 quedámonos con este esta volea espectacular de Hugo Soto. Cólase entre dous defensas do Negreira para facer bo o xa excelente pase de Fernando.
No 3 repite o Arousa, na mellor xogada colectiva do ano. Contra mortal entre levada por Padín. Pode pasar, pode tirar, preo prefire agardar para dar unha asistencia maxistral. Roberto culmina un gran gol.
No 2, Tinaia. Golpe franco maxistralmente lanzado para poñer o 0-1 nun derbi ante o Vilalonga que ó final se levarían por 1-2.
O que será probablemente o mellor gol da tempada na Terceira. Luismi dende medio campo e pola escadra fai o terceiro, nun día no que o Coruxo levouse un 5-1 de San Pedro.
Redacción Salnés