O concello de Rianxo ampliará o horario de atención ó público dous días pola tarde

    aperturaconcello_100_291208.jpgRIANXO > O concello de Rianxo abrirá dous días pola tarde a partir do 19 de xaneiro para mellorar a atención ós cidadáns.

    {flowplayer}barbanza/aperturaconcello.flv{/flowplayer}

    Deste xeito, Rianxo convértese no primeiro concello en abri-las súas portas pola tarde. Inicialmente serán dous días á semana nos departamentos de rexistro xeral, urbanismo e recadación e, en función dos resultados, estudarase a ampliación a máis días e seccións.

    O novo horario foi acordado previamente co persoal. O obxectivo é dar un mellor servizo a aqueles cidadáns que non dispoñen de tempo polas mañás para realizar as súas xestións.

    Redacción Barbanza