O PSOE de Sanxenxo solicita ao concello a retirada do escombro das inmediacións das praias

    vertedoiro_sanxenxo_copia.jpgSANXENXO > O PSOE de Sanxenxo ven de denunciar a existencia de tres vertedoiros ilegais nas proximidades de varias praias

    … do municipio. Os socialistas critican a pasividade da concellería de Medio Ambiente e o abandono dos espazos naturais e turísticos do concello.

    A imaxe repítese hasta tres veces ao longo do concello de Sanxenxo nos tres vertedoiros ilegais situados nas praias de Paxariñas e de Canelas. Unha realidade que sacou á luz o partido socialista en Sanxenxo logo de comunicalo ao grupo de goberno municipal. O PSOE critica que o goberno local descoide o mantemento das praias que son o principal reclamo para os turistas que veranean na zona.

    As praias de Canelas e Paxariñas contan co distintivo de bandeira azul e son frecuentadas, durante todo o ano, polos turistas e por veciños que pasean pola zona.

    Os socialistas lamentan que o grupo de goberno de Sanxenxo fale de desestacionalizar o Turismo e, á súa vez, non faga nada por conservar a paisaxe e os espazos naturais de máis valor do municipio.

    O PSOE levará este asunto ao vindeiro pleno municipal de Sanxenxo coa intención de que a concellería de medio ambiente limpe as praias e active mecanismos para evitar a acumulación de lixo nos areais.

    Redacción Salnés.

    {flowplayer}images/salnes/PSOE_sanxenxo_por_vertedoiros.flv{/flowplayer}