Rasoeiro e Agnusdei preparados para afrontar a fase decisiva

balonman250_080109.jpgSALNÉS > Rasoeiro e Albariño Agnusdei disputarán esta fin de semama o seu primeiro partido da segunda fase na que deberán loitar por non descender de categoría.

{flowplayer}images/salnes/balonman_080109.flv{/flowplayer} 

Rasoeiro e Albariño Agnusdei apuran os últimos días de preparación para a segunda fase da competición, a verdadeiramente importante, na que se xogarán a súa permanencia na categoría.

A priori, polo visto no primeiro trimestre, os grovenses non deberían pasar problemas para amarrar a permanencia. Máis dúbidas plantexa o cadro meañés, que perdeu doce dos catorce partidos que disputou, aínda que as súas dúas victorias chegaron nos últimos dous partidos, dato ó que se escudan para afrontar o futuro con un plus de moral.

Os meañeses están á espera de poder contratar a un xogador de Primeira Nacional que podería botar unha man para acadar a tan ansiada permanencia, pero a súa incorporación está aínda no aire. O que sí pretenden é que o equipo manteña unha maior regularidade no aspecto físico durante os sesenta minutos de xogo.

Así as cousas o Agnusdei desplazarase á Guardia para xogar ante o Hierros Márquez, o sábado ás 20:15, mentres que, o mesmo día, o Rasoeiro recibirá en Monte da Vila ó Tirso Molina ás 18:30.

Redacción Salnés