A Xunta presenta un plan para coñecer o grao de contaminación das rías galegas

    plan_control_vertidos100_090109.jpgVILAGARCÍA > Os conselleiros de Medio Ambiente e Pesca presentaron hoxe en Vilagarcía o Plan de Control de Vertidos.

    {flowplayer}images/salnes/plan_control_vertidos.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > O conselleiro de Medio Ambiente e a conselleira de Pesca presentaron hoxe en Vilagarcía o Plan de Control de Vertidos da Xunta de Galicia. Un proxecto que rematará a finais de 2009 e que permitirá sanear as costas galegas e redactar unha norma rexional para construír emisarios de vertidos que non prexudiquen as nosas rías.

    A consellería de Medio Ambiente poderá coñecer o grao de contaminación do mar na costa galega a finais deste ano 2009. Nesta data rematará o Plan de control de vertidos que hoxe se presentou hoxe en Vilagarcía e que servirá para establecer medidas de protección do litoral. O plan de vertidos analizará os vertidos do mar procedentes dos emisarios submarinos, tanto industriais como urbanos, nunha superficie de mil setecentos metros de costa.

    Esta análise levarase a cabo en tódalas rías galegas a través dun robot que se encargará de detectar os vertidos para a súa posterior análise. Tralo móstreo elaboraranse unhas conclusións para elaborar unha norma galega que regule a construción de emisarios de vertidos. Segundo afirmou hoxe o conselleiro de Medio ambiente, este plan permitirá o saneamento integral das Rías de Galicia.

    A conselleira de Pesca restrinxiu o marisqueo no ano 2006 nalgunhas costas galegas pola contaminación que existía nas augas galegas que, nalgúns casos non eran aptas para o cultivo de moluscos. Foi no ano 2006 cando comezou o saneamento integral das rías galegas que rematará con este plan de control de vertidos. 16 dos 30 análises do plan de control de vertidos realizaranse na Ría de Arousa debido ao enorme valor desta ría que resiste a contaminación que xeran tanto a industria da zona como a poboación. O obxectivo é ter unhas rías ideais para o cultivo de marisco.

    Redacción Salnés