A pegada do Compostela fulmina ó Arousa na Lomba

futbol2250_120109.jpgVILAGARCÍA > O líder pasou o seu rodillo pola Lomba e aproveitouse da debilidade do Arousa para endosarlle un doloroso 2-5. Os vilagarciáns continúan nos postos de descenso.

{flowplayer}images/salnes/futbol_120109.flv{/flowplayer} 

Tres minutos tardou o Compostela en poñerse por diante e vinte en sentenciar o encontro cun golazo de Mariño de libre directo.

O líder tirou de galóns na Lomba e demostrou unha vez máis a terrible pegada da que dispón arriba para machacar a un Arousa que non baixou os brazos en ningún momento pero que volveu a amosar as súas carencias na liña defensiva.

Pouco antes de chegar ó descanso Vladimir facía o 0-3 tras unha boa xogada pola banda esquerda de Rubén Márquez, autor do primeiro tanto.

Hugo Soto, xusto antes do pitazo reducía diferencias nunha xogada de fe. O dianteiro vilagarcián foi onte o mellor do seu equipo, que ademais víuse lastrado pola ausencia de Padín, que ós 30 minutos de encontro tivo que abandonar o terreo de xogo ó sentir un pinchazo no xemelgo.

Na segunda metade, lonxe de baixar a intensidade, o Compos continuou a buscar a portería arousá, apoiados pola gran cantidade de afeccionados que se trasladaron dende Santiago.

Ó cuarto de hora chegou o mellor gol da tarde. Xogadón de Jimmy pola banda esquerda que cede a Kinho para que o brasileiro anotase o cuarto.

Co 1-4, o encontro entrou nunha fase de tregua. Os locais eran incapaces de facerlle dano ós de Baleato, que adicáronse a defender a renta.

O festival de goles completouse xa no tempo de prolongación, que servíu para que Kinho fixese o seu segundo tanto e para que o Arousa maquillase o marcador final por mediación de Luis Alberto.

Derrota que entraba dentro do previsto para un Arousa que continúa en postos de descenso e que segue a amosar a súa debilidade atrás. Ademais, a semana que ven recibirá a outros dos galos da categoría, o Ourense.

Redacción Salnés