A lei de vivenda abre unha nova vía para os núcleos rurais afectados por Costas

    leivivenda_100_140109.jpgBARBANZA > A nova lei de Vivenda permitirá equiparar os núcleos rurais tradicionais afectados por Costa ós núcleos urbanos.

    {flowplayer}barbanza/leivivenda.flv{/flowplayer}

    O BNG do Barbanza compareceu ante os medios de comunicación para dar conta da disposición adicional segunda incluida na nova lei de Vivenda. Esta disposición modifica a lei de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia de 2002 co que a Xunta podrá desenvolver as súas competencias exclusivas en materia de urbanismo, equiparando os núcleos rurais tradicionais cos núcleos urbanos.

    Solución

    Coa aprobación desta lei ábrese unha nova vía para dar unha solución definitiva ós numerosos afectados pola aplicación da lei de Costas. En Ribeira, os veciños dos Areeiros e Palmeira Norte; e en Boiro, os de Escarabote e Cabo de Cruz terán unha nova oportunidade de reabrir o proceso para que a Xunta declare a súa existencia como núcleo consolidado antes do 85, co que a liña de protección reducirase dos cen ós vinte metros.

    Independentemente do proceso xudicial, iniciado por moitos dos afectados, dende o BNG sempre defenderon a vía política para solucionar este problema que agora se habilita a través dunha iniciativa con rango de lei.

    Os nacionalistas insisten en que esta modificación ten por obxectivo solucionar o problema dos afectados para poder realizar obras nas súas vivendas unifamiliares e, en ningún caso, abrirá a porta á construción masiva no litoral. Neste sentido, critican a postura do Partido Popular que segue apostando pola modificación da lei de costas en lugar de pola aplicación efectiva das competencias autonómicas en materia de urbanismo.

    Redacción Barbanza