Boiro aposta pola calidade dos servizos a pesar da reducción das inversións

    presupostosboiro_100_150109.jpgBOIRO> O concello de Boiro presentou os seus presupostos para 2009, que ascenden a 17 millóns 340 mil euros, un 0’63% menos sobre o ano anterior.

    {flowplayer}barbanza/presupostosboiro.flv{/flowplayer}

    Con estes orzamentos, o executivo boirés márcase unha serie de retos  para o presente ano coa finalidade de paliar da mellor maneira posible a grave situación de crise económica que se vive nestes momentos. Así prevé o mantemento da calidade dos servizos públicos que se lle prestan ós veciños, ó tempo que promoverá o nivel de obra pública concertada, facilitando a revitalización da economía local. 

    O executivo boirés tamén decidiu planificar coas distintas entidades bancarias o establecemento dunha prórroga no pagamento dos préstamos solicitados ata o de agora.

    Por capítulos, os gastos correntes, entre os que se engloban os gastos de persoal e servizos, ascenden a máis de 11’6 millóns de euros. Os investimentos previstos superan os 5’5 millóns de euros, unha cifra lixeiramente inferior á do 2008.

    Obras importantes

    As partidas máis importantes irán destinadas ó financiamento das obras nos centros sociais de Cabo da Cruz e Abanqueiro, 820 mil euros; o Plan de Obras e Servizos, 393 mil, ou a consignación prevista para os consellos parroquiais, 240 mil. Tamén figuran unha partida de 100 euros para o novo plan de rehabilitación e acondiconamento da fachada marítima de Cabo de Cruz, 278 mil euros para o proxecto de Urbanización Parcial de Barraña, 200 mil euros para o Plan de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas e 150 mil euros para peonalización e humanización de rúas do casco urbano. Ademais este ano recóllense consignacións específicas para as ampliacións do Centro Arqueolóxico de Neixón, 250 mil euros, e cemiterio de Vista Alegre, 544 mil.

    Tranquilidade

    Dende o goberno boirés fíxose un chamamento á tranquilidade, xa que a situación económica pola que atravesa o concello non é tan grave como a que moitos sinalan. Segundo eles o nivel de endebedamento sitúase no 81’49%, por debaixo do límite legal establecido que é do 110%.

    O alcalde, Xosé Deira, referiuse ademais á forte inversión prevista doutras administracións para Boiro durante o presente ano 2009, cifrando en máis de 20 millóns de euros as cantidades a investir.

    Plan Financieiro

    De cara a requilibra-los gastos e os ingresos, o executivo boirés prevé levar a cabo tamén durante este ano 2009 un Plan Económico Financieiro, que permita a racionalización e un mellor control do gasto, a traves de medidas como a elaboración dun plan de aforro enerxético ou a reducción do número de asistencias técnicas.

    Redacción Barbanza