Machu e Saúl devólvenlle a ledicia á bancada de San Pedro

vilalonga250_190109.jpgSALNÉS> Victoria dos de Gabi Leis ante un Narón que víu freada a súa progresión na xeral cun Vilalonga que volve a situarse na zona morna da táboa. O Portonovo sumou un punto importante en Bouzas mentres que o Céltiga perdeu con polémica diante do Montañeros.

{flowplayer}images/salnes/futbolVilalonga_190109.flv{/flowplayer} 

O plantel comprometérase a sacar o partido adiante e fíxoo ante un rival que aspira a todo e que non puxo as cousas sinxelas.

O Vilalonga dominou o encontro nos primeiros compases e víuno recompensado cun gol ó cuarto de hora de Machu.

Cando mellor estaban os celestes no campo, chegou a igualada visitante. Internada de Juanito pola banda esquerda e remate de Iñaki coa testa ante un Pazos que non puido máis que facer a estatua.

O partido pasou a dominio do Narón que tivo ocasións para poñer o 1-2. Pero o descanso espoleou ós locais.

Na reanudación, en tres minutos, dous goles. Primeiro Saúl a servicio de Edu; e despois o propio Edu; o canteirán respondía cunha vaselina á confianza que lle outorgou Gabi Leis.

Cando o encontro semellaba resolto, Adrián empurrou a Iñaki dentro do área e o árbitro víuno. Segundo amarelo para o central do Vilalonga e á rúa. Pablo Rey transformaba o lanzamento dende os once metros.

Quedaban aínda trinta minutos por diante nos que os locais defendéronse como gato panza arriba. O Narón dispuxo de ocasións para empatar, pero unhas veces Pazos e a defensa e outras o desacerto dos atacantes visitantes impedíu a igualada. Remate e 3-2.

Tres puntos vitais para un Vilalonga que afástase do descenso e comeza a mirar cara a parte alta da clasificación.

DERROTA DO CÉLTIGA E ENÉSIMO EMPATE DO PORTONOVO

Portonovo e Céltiga xogaron fóra da casa. Os de Milucho colleitaron un empate sen goles no Baltasar Pujales ante o Rápido de Bouzas.

Punto importante dos portonoveses ante un rival directo na loita por eludi-lo descenso pese a que acudían ó choque con moitas baixas. Pe

or lle foron ás cousas ó Céltiga que caeu ante o Montañeros e con polémica. Os de Josiño Abalde fixeran un gran partido en tódolos aspectos, aguantando ben as acometidas do conxunto dirixido por José Ramón. Pero co tempo xa cumprido, no minuto 96, e co mediocentro local Rodri tendido sobre o céspede, os seus propios compañeiros fixeron ademán de lanzar o balón fóra para logo saír á contra ante o desconcerto dos xogadores do Céltiga. Esa xogada rematou en falta na que o Montañeros a través de Luis Ángel levouse tres puntos moi polémicos.

Redacción Salnés