O concello paraliza unha urbanización en Portosín

denunciarubanisticason_100_190109.jpgPORTO DO SON> O concello iniciará a revisión do proxecto de urbanización da Unidade de Actuación Nº2 de Portosín que afecta a máis de 130 vivendas.

{flowplayer}barbanza/denunciaurbanisticason.flv{/flowplayer}

A aprobación do plan especial desta urbanización produciuse no pleno do 30 de decembro de 2005, cando aínda ostentaba o goberno o socialista Ramón Quintáns. Tres meses despois, a Dirección Xeral de Urbanismo remitía un escrito ó concello instando á anulación deste plan. Daquela o goberno local desoiu os requerimentos do organismo autonómico e procedeu á aprobación definitiva do proxecto, autorizando unha actuación ilegal.

Segundo os actuais responsables municipais, a premura na aprobación do plan debíase a que ó día seguinte do seu debate no pleno entraba en vigor a lei urbanística que obriga ás promotoras á reserva do 20 por cento da edificabilidaade para a construción de vivendas de protección oficial.

Por este motivo, dende o goberno decidiron suspender a tramitación do proxecto e inicia-la revisión dos acordos plenarios que autorizaron a reparcelación da unidade co obxecvtivo de que o urbanismo do concello responda a criterios razoables e se faga tendo en conta a normativa vixente.

Redacción Barbanza