Cultura convida á Deputación a modificar a ponte de Monte Porreiro

    monteporreiro100_200109.jpgPONTEVEDRA> Cultura ratificou hoxe a necesidade de modificar o trazado proposto pola Deputación de Pontevedra para a ponte de Monte Porreiro.

    {flowplayer}images/salnes/patrimonio_monteporreiro.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Cultura ratificou hoxe a necesidade de modificar o trazado proposto pola Deputación de Pontevedra para a ponte de Monte Porreiro. O proxecto recibiu un informe desfavorable de Patrimonio, ó afectar de forma negativa ó mosteiro de Lérez e os seus arredores. Ambos foron declarados Ben de Interese Cultural e polo tanto teñen un máximo grao de protección patrimonial.

    Patrimonio advirte que o seu informe é preceptivo para realizar unha obra civil que afecte a bens patrimoniais, polo que critica á Deputación por licitala sen consultar antes con esta dirección xeral. Este procedemento incorrecto contrasta co seguido polo ADIF na autorización no seu día da ponte sobre o Lérez para o paso do AVE.

    Cultura pídelle á Deputación que en lugar de atacar á Xunta negocie as posibles alternativas que permitan que Monte Porreiro conte con esta ponte de acceso, á vez que se conserva adecuadamente o mosteiro e o seu entorno.

    Pola súa banda, a Deputación anunciou xa que mañá remitirá as súas alegacións ó informe de Patrimonio. O organismo provincial cuestiona a capacidade de Cultura para informar negativamente e rexeita que se basee nunha declaración de paraxe natural de 1946.

    Redacción Salnés