Xunta e concellos traballarán en conxunto pola inclusión social

oficinabenestarnoia_100_210109.jpgNOIA> O concello de Noia conta cunha oficina de Igualdade e Benestar que dará servizo a toda a comarca.

{flowplayer}barbanza/oficinabenestarnoia.flv{/flowplayer}

A secretaria xeral do Benestar, María Xesús Lago, e a delegada provincial de Vicepresidencia, Tereixa Novo, foron as encargadas de presentar este novo servizo nun acto desenvolvido no Coliseo Noela, en Noia.

O obxectivo da oficina de Igualdade e Benestar que leva funcionando na comarca dende o mes de decembro é achegar as políticas de igualdade centradas fundamentalmente na inclusión central das persoas e colectivos que non se atopan nunha situación normalizada.

Ademais de promover a inserción laboral, a través da formación e a implicación do empresariado, darase especial atención á infancia e adolescencia en risco de exclusión social .

Na oficina traballa un equipo de catro profesionais composto por unha pedagoga e catro educadoras sociais que darán servizo a un total de once concellos das comarcas do Barbanza e Muros Noia en colaboración cos servizos sociais municipais. Este centro intégrase na rede galega de oficinas do consorcio galego de servizos de igualdade e Benestar Social que, na actualidade, xa se compón de 18 centros en toda Galicia.

Redacción Barbanza