Zona Centro presenta a campaña de vendas do Día dos Namorados

    campaa_dia_namorados100.jpgCAMBADOS> O colectivo empresarial Zona Centro de Cambados presentou hoxe a campaña de vendas do Día dos Namorados que consistirá en sortear…

    … dúas ceas románticas no Parador de Turismo, entre os clientes do comercio local. Os comerciantes de Cambados asociados en Zona Centro queren potenciar o amor no día dos namorados e, de paso, potencialas vendas no comercio local.

    Para logralo, o colectivo de comerciantes sorteará , entre os seus clientes, dúas ceas románticas para dúas parellas, que terán lugar no Parador Nacional de Cambados o sábado, 14 de febreiro, día dos namorados. Dende agora e ata o vindeiro 12 de febreiro repartiranse 30.000 papeletas entre os que merquen no comercio de Cambados, segundo afirmou o presidente do colectivo.

    O Parador de Turismo patrocina esta campaña de promoción ao aportar as dúas ceas que compoñen o premio. O director do centro hoteleiro destacou o caracter local do Parador que, segundo di, está aberto a tódolos veciños.

    O presidente dos comerciantes aproveitou este acto para adiantar a nova da súa retirada da directiva de Zona Centro, porque lle resulta incompatible co seu cargo de presidente do consorcio de Comerciantes do Salnés. A partires de agora o actual vicepresidente do colectivo cambadés, Amancio Gondar Costa, ocupará o cargo de presidente dos comerciantes ata o vindeiro mes de xuño, cando se celebrarán as eleccións.

    Marcos César González destacou a capacidade do seu sucesor e mostrouse disposto a colaborar con el en canto sexa necesario. Marcos César González presentará a súa dimisión do cargo de presidente o vindeiro 1 de febreiro.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/campana_namorados_cambados.flv{/flowplayer}