O temporal provoca numerosos incidentes no Barbanza

    temporal_100_260109.jpgBARBANZA> A caída de árbores en viais e tendidos eléctricos deixa practicamente incomunicados a numerosos núcleos de poboación.

    {flowplayer}barbanza/temporal2.flv{/flowplayer} 

    Traballo arreo tiveron estes días os voluntarios de Protección Civil, efectivos dos Grupos de Intervención Rápida, bombeiros e axentes da Garda Civil e a Policía Local debido á alerta do temporal. Na maioría dos casos, perfectamente coordinados, souberon facerlle fronte rapidamente ós problemas que ían xurdindo, debido fundamentalmente ó forte vento existente e que provocou a caída de numerosos árbores.

    En Boiro foron numerosas as estradas que se viron afectadas pola caída de árbores. ë o caso de viais secundarios en Abanqueiro, Bealo, Lampón, O Chazo ou nos accesos ó cemiterio de Vistalegre. Na zona de Praia Xardín tamén se deixou nota-la forza do vento, sendo numerosas as árbores que se viron afectadas. A pesar de que non houbo, por fortuna que lamentar danos persoais, un dos incidentes máis destacados tiña lugar en Escarabote, en plena estrada principal, onde varios anacos do tellado dunha vivenda e un galpón foron parar á vía pública, ocasionando graves danos materiais en vehículos alí estacionados.

    En Rianxo, a Pobra e Ribeira a situación vivida foi moi semellante, rexistrándose numerosas caídas de árbores en pistas que provocaron o corte momentáneo da circulación, así como desprendimentos de tellas soltas dos tellados. Un dos sucesos máis chamativos producíase en Noia. O vento destrozaba por completo a cuberta do pavillón polideportivo situado a carón da alameda. O cemiterio de Santa María a Nova tamén se veu afectado, debido ó desplome de varias árbores. Máis sen dúbida o que causou maior malestar entre a veciñanza da comarca foi a falla de servizos basicos, como é o caso da luz o teléfono ou a auga. Numerosas aldeas de Boiro, Rianxo, Porto do Son, Pobra ou Boiro chegaron a estar máis de 24 horas sen subministro eléctrico, o que lle causou numerosos prexuízos.

    A día de hoxe aínda non existe un cálculo dos posibles danos causados polo temporal, pero todo apunta a que estes serán cuantiosos.

    Redacción Barbanza