Sacyr segue a incumprir o seu compromiso

    deficienciasautoviaboiro_100_260109.jpgBOIRO> O executivo boirés cifra en 1’2 millóns de euros o valor dos desperfectos ocasionados polas obras da autovía.

    {flowplayer}barbanza/deficienciasautoviaboiro.flv{/flowplayer} 

    Inaugurada a autovía do Barbanza, a empresa Sacyr iniciou nalgúns municipios a mellora das deficencias denunciadas dende os concellos. Aínda así a situación a día de hoxe segue sen resolverse definitivamente. En Boiro veñen de elaborar novamente un amplo dosier no que se recollen en fotografías os danos ocasionados polas obras en disintas zonas do concello, fundamentalmente nas parroquias de Cespón, Boiro e Lmapón. No informe demóstrase de que actualmente hai máis problemas que cando se inaugurou a infrestrutura. Entre as denuncias realizadas, que chegan a superar o centenar, figuran os deficientes accesos en Rosomil, malas canalizacións de auga nos lugares e Mina e Covo ou mesmo o asfaltado da estrada que conduce ó polígono industrial de Espiñeira.

    Acción xudiciais

    Dende o concello, que xa lle remitiu o novo informe á Consellería de Política Territorial e á propia empresa Sacyr, non descartan emprender accións xudiciais se non se solucionan os problemas ocasionados polas obras.

    Redacción Barbanza