Os empresarios de Xarás estudan medidas de seguridade para frear os roubos

    inseguridadexaras_100_300109.jpgRIBEIRA> O incremento dos roubos que se están a rexistrar no polígono industrial de Xarás xerou unha certa alarma entre os propietarios das empresas.

    {flowplayer}barbanza/inseguridadexaras.flv{/flowplayer}

    Segundo informou o presidente dos empresarios de Ribeira, Xosé Paz, o polígono industrial de Xarás está a converterse nun branco fácil para os ladróns. Ademais dos roubos de combustible nas empresas automobilísticas e mesmo de maquinaria, ultimamente estanse a rexistrar sustracións nas oficinas das empresas.

    Máis seguridade

    Esta situación levou ós corenta propietarios que teñen os seus negocios en Xarás a busca run mellor sistema de seguridade. Este pasaría polo incremento dos medios de vixilancia, como un posto de control e mesmo un sistema de video pechado concectado coa policía. Para a súa implantación contan co apoio do concello de Ribeira aínda que, indubidablemente, suporá un custo importante para cada un dos empresarios.

    Antes de adoptar novas medidas de control agardarase á próxima constitución da comisión xestora de propietarios do polígono para establecer o número de metros cadrados que ocupa cada empresa, en función dos cales se realizará unha estimación do gasto aproximado que deberá realizar cada empresario.

    Redacción Barbanza