A ponte de Traba péchase ó tráfico ante o risco de derrubamento

pontetraba_100_040209.jpgNOIA> O concello decretou o peche ó tráfico rodado sobre a ponte do río Traba, debido ó estado de deterioro que presenta a estrutura, do século XV.

{flowplayer}barbanza/pontetraba.flv{/flowplayer}

O risco real a un posible derrubamento da ponte foi a principal razón que levou ó executivo noiés a pechar ó tráfico rodado a infraestrutura. As chuvias e o temporal das últimas semanas provocaron que a ponte, construída no século XV, sufrira un importate empeoramento do seu estado

 O edil responsable do Casco Histórico, o nacionalista Bieito González, sinalou que dende o propio concello se puxeran en contacto coa Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura para saber que se debía facer ó respecto. Dase a circunstancia que a infraestrutura ía sufrir unha importante remodelación este ano. Aínda así a vindeira semana está previsto que técnicos do Departamento Autonómico se acheguen a Noia para comproba-la situación da ponte e iniciar unha actuación de urxencia co fin de que se poida restablece-lo tránsito rodado o antes posible.

Malestar

A medida causou un certo malestar entre os veciños da zona, habituais usuarios da ponte, que agora deben dar un importante rodeo. Os afectados quéixanse fundamentalmente de que non se lles informara debidamente do peche da infraestrutura, así como de que a actuación de mellora non se realizara con anterioridade, xa que de todos era sabido o mal estado que presentaba a ponte medieval.

Redacción Barbanza