Portos confirma que non derrubará as vivendas do Portiño

    vivendasportino_100_040309.jpgRIANXO> Aínda así os propietarios afectados agardan unha confirmación oficial da decisión por parte do ente autonómico.

    {flowplayer}barbanza/vivendasportino.flv{/flowplayer} 

    O empeño de Eva Lesende e Evangelina Cebreiro, e das súas familias, propiciou un cambio de postura nos responsables de Portos de Galicia, que nun primeiro momento plantexaban o derrube destas dúas vivendas, nun dos barrios máis antigos da vila, para acometer a ampliación do acceso ó porto. A súa loita, a través de alegacións presentadas ó proxecto, recollida de sinaturas e máis tarde mesmo cunha mobilización, cunha participación máis que masiva dos rianxeiros, dou ó final os seus froitos. Por esta razón a súa ledicia era máis que evidente.

    Sen novas

    Aínda así, e a pesar de que a decisión de non derrubar as vivendas é firme, Portos de Galicia aínda non lle confirmou esta decisión ós donos das casas afectadas, á espera de presentar o proxecto definitivo. O ente auntonómico ten pendente de confirmar cal será a alternativa que se levará a cabo agora, co fin de soluciona-lo atranco existente, debido ós embotellamentos que se producen na zona.

    Modificación do proxecto

    Actualmente técnicos do propio organismo que preside Jacinto Parga están traballando na modificación do proxecto inicial, coa intención de presenta-lo á maior brevidade de tempo posible, dado que a actuación é prioritaria. A opción que cobra máis posibilidades é a de facer un pequeno recheo na zona onde se estreita o vial. Unha alternativa que ademais dos propios donos das vivendas foi tamén respaldada polo resto dos veciños e os grupos políticos na oposición.

    Redacción Barbanza