As mariscadoras de Rianxo volven á actividade nunha tensa xornada

    conflitomariscadorasrianxo_100_090209.jpgRIANXO> As mariscadoras de Rianxo retomaron a actividade extractiva, despois de que a confraría decidira a finais de xaneiro paralizar a campaña.

    {flowplayer}barbanza/conflitomariscadorasrianxo.flv{/flowplayer}

    O delegado comarcal da Consellería de Pesca acudiu á lonxa para garantizar os dereitos das produtoras que decidiron non someterse ao sistema equitativo do monte maior.

    Cruce de acusacións

    O conflito que mantén en pé de guerra ás mariscadoras de Rianxo voltou quedar patente este luns na lonxa. Malia que a xornada de volta ao traballo desenvolveuse con certa normalidade, non estivo exenta de tensión. Ámbolos dous sectores –o das que acatan o sistema de monte maior e das que escolleron vender as súas capturas de xeito individual- cruzaron duras acusacións.

    As integrantes do sector crítico culparon á presidenta do colectivo de mariscadoras de poñer trabas ao seu traballo. Críticas que foron corroboradas dende a Consellería de Pesca.

    Pola súa banda, dende a dirección do pósito de Rianxo desmentiron estas acusacións, argumentado que en ningún momento se obstaculiza o desenvolvemento normal da actividade extractiva.

    Escasa representación

    O patrón maior de Rianxo, Baltasar Rodríguez reiterou que o sector crítico tan só representa o vinte por cento das mariscadoras do colectivo. Segundo a presidenta das mariscadoras, Vicenta González os problemas os están a causar as integrantes do sector crítico ao non queren acatar as decisións tomadas pola confraría e a Xusticia.

    Asemade, non entenden porque a Consellería de Pesca non respecta unha decisión xudicial, que a pesares de non ser firme, si que se debería ter en conta. Na espera dunha decisión definitiva, queda claro que o enfrontamento será a nota predominante durante os días que restan de campaña marisqueira nos areais de Rianxo.

    Redacción Barbanza