Portonovo, Arousa e Vilalonga continúan sen erguer cabeza

portonovo250_090209.jpgSALNÉS> Os de Milucho non puideron cun Alondras que realizou un fútbol moi práctico e que levouse os puntos para deixar ós portonoveses penúltimos da xeral. O Arousa caeu en Santa Comba e continúa de pechacancelas mentres que o Vilalonga saíu goleado do Couto.

{flowplayer}images/salnes/portonovo_090209.flv{/flowplayer} 

Non pinta ben o Portonovo. O xeira negativa do cadro arlequinado é xa demasiado preocupante. Non saben o que é gañar dende o 23 de novembro.

Onte foron superados por un Alondras (1-2) que realizou un fútbol práctico e directo, sabendo xogar coa ansiedade do seu rival. Os de Milucho quixeron facer un fútbol combinativo e desarbolar a defensa visitante movendo a pelota, pero esa fórmula non funcionou.

O Alondras pola súa parte replegábase ben no seu campo para intentar saír rápido e coller descolocada á zaga local. Nunha desas, os de Juan Carlos Andrés acadaron a súa recompensa e Aarón asimou o 0-1 no 60′. 

Pouco tardou o Portonovo en empatar, tan só tres minutos, grazas a un testarazo de Miguel á saída dun corner. Os locais intentárono de ahí ó remate, á sabendas da importancia que para eles tiña levarse os tres puntos. Pero un novo zarpazo do Alondras condenoulles. Primeiro Leiro dende o centro do campo a piques estivo de sorprender a César. No corner seguinte, de novo Aarón asinaba un doblete que deixa moi tocado ó conxunto de Baltar.

E se o Portonovo é penúltimo, o Arousa continúa de pechacancelas por mor da derrota que colleitaron onte na Fontenla (2-1). Carlos Padín adiantaba no primiero minuto de xogo ós vilagarciáns, pero o cadro local déulle-la volta ó marcador cun tanto xusto antes do descanso e outro a dez minutos para o remate. Os de Laxes tiveron ocasións como para terse traido algo positivo de Santa Comba pero non concretaron esas oportunidades en gol.

Outro que se mete en problemas é o Vilalonga que saíu goleado do Couto (4-1). O partido chegou empatado ó descanso despois de que Iago de falta directa igualase o tanto acadado por Antonio. Pero na segunda parte a maior efectividade local deixou os puntos en Ourense, achegando ó Vilalonga ó descenso. Agora tan só teñen tres puntos de marxe co antepenúltimo, o Gran Peña que descendería adía de hoxe xunto con Portonovo e Arousa.

Redación Salnés