As obras de remodelación na Casa do Pescador custarán 300.000 euros

    casa_do_pescador100.jpgVILANOVA> Os veciños terán un novo espazo onde celebrar os actos culturais e festivos, antes de que remate o ano…

    … A Casa do Pescador sufrirá unha reforma que afectará ao interior e ao exterior desta construción. Hoxe presentouse o proxecto de remodelación no que se van investir uns 300.000 euros.

    O presidente da Deputación Rafael Louzán presidiu o acto no que se presentou o proxecto. A primeira institución da provincia vai investir 250.000 euros na primeira fase destas obras. O proxecto licitarase a principios do mes de marzo e inclúe a sustitución do tellado da casa, así como unha renovación do salón social. A obra contempla a colocación dun ascensor que comunique as dúas plantas do edificio para facilitar o acceso aos minusválidos e persoas con dificultades. Amais construiranse dous aseos, un vestiario e renovarase o falso teito. Tamén se mellorará o acceso ao escenario, xa que o actual é moi perigoso. 

    A confraría de pescadores de Vilanova vai investir no proxecto outros 30.000 euros. Unha cantidade que, segundo a patrona maior, Evangelina Lago, supón un grande esforzo para o colectivo mariñeiro. A confraría demanda ao goberno da Xunta que lle outorgue as subvencións que teñen pedidas e que son, segundo a patrona maior, moi necesarias.

    O concello de Vilanova non porá cartos pero tampouco cobrará os impostos pola realización destas obras. Segundo o alcalde, Gonzalo Durán, é preciso facilitar este tipo de obras públicas que servirán para uso e disfrute de tódolos veciños do municipio.

    Esta primeira fase de remodelación da Casa do Pescador debe estar rematada en catro meses, tralo comezo das obras. A segunda fase contempla un recubrimento exterior da fachada e das paredes laterais do inmoble. Un edificio que non foi sometido a ningunha reparación dende que se construíu, no ano 1982.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/160209_casa_do_pescador_vilanova.flv{/flowplayer}