Veciños de San Simón e Fonsín protestan polo peche dun camiño

    vecinos_baion100.jpgVILANOVA> Veciños e veciñas dos lugares de San Simón e Fonsín temen quedar illados cando rematen as obras da estrada Vilagarcía- Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/VECINOS_BAION.flv{/flowplayer} 

    VILANOVA> Veciños e veciñas dos lugares de San Simón e Fonsín temen quedar illados cando rematen as obras da estrada Vilagarcía- Pontevedra. O camiño de acceso que se utilizou dende sempre na aldea, preténdese anular.

    Entre os diversos trastornos que lles están a ocasionar as obras, contan os veciños de Fonsín que ó ter as presas pechadas polo escombro e lodo que a choiva arrastrou dende a estrada, os camiños convértense en verdadeiros ríos de barro. Xa o pasado agosto, remitiuse un escrito á Augas de Galicia para solicitar unha alternativa.

    Segundo ían avanzando as obras, construíron unha nova pista que nin concello nin veciños saben para que servirá e pola contra, o único acceso con que conta a aldea, dende a estrada Vilagarcía – Pontevedra, de saída e entrada, queríano pechar.

    Esta mesma mañá tiveron unha reunión co alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, na que determinaron que contan co apoio do Concello para deter o peche do camiño de acceso, que amais, é de titularidade municipal e tamén para agardar unha comunicación por parte do goberno local cos veciños, cando se teña claro qué fará a Xunta con respecto á canalización das augas e a limpeza das presas obstruídas. Calculan que iso pode ser de cara á vindeira semana.

    Redacción Salnés