O Pacto de Emprego formará a 470 traballadores en labores sociais

    louzan_emprego100.jpgPONTEVEDRA>Deputación presentou hoxe o Pacto Local de Emprego. Un proxecto no que se van investir dous millóns e medio de euros…

    … para formar a 470 persoas con dificultades para atopar traballo. Os alumnos do curso recibirán formación no eido da atención a persoas dependentes e terán vantaxes á hora de entrar no mercado laboral.

    O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, asinou hoxe o Pacto Local de Emprego cos axentes sociais e económicos de toda a provincia. As mancomunidades de Val Miñor, Salnés, Baixo Miño, Vales do Ulla e Umia, Terras do Deza e Proder II colaborarán neste proxecto de formación e inserción laboral. Outros colectivos empresariais, sociais e benéficos da provincia tamén contribúen nesta iniciativa na medida das súas posibilidades. O obxectivo é formar a persoas con dificultades para entrar no mercado laboral no eido da atención ás persoas dependentes. O proxecto inclúe a integración do 60% dos alumnos, no mercado laboral.

    O proxecto inclúe formación teórica e práctica aos alumnos que participen nos 21 cursos que forman parte do programa. No mes de marzo comezarán os cursos de axuda a domicilio, auxiliar de xeriatría, coidado de persoas dependentes e labores domésticas en institucións públicas e fogares. O proxecto tamén contempla varios cursos de formación viaria para que os alumnos poidan sacar o carné de conducir.

    O Pacto polo Emprego, forma parte do proxecto Aquelando II, posto en marcha pola primeira institución da provincia. Amais de promover a formación e contratación laboral, este pacto inclúe un estudo das necesidade e dos recursos públicos e privados que existen en cada concello para a atención das persoas dependentes.

    A Deputación aportará o 20% do total do investimento, que acada os 21 millóns de euros. O resto financiarase co Fondo Social Europeo.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/190209_pacto_local_emprego.flv{/flowplayer}