Os programas de emprego intentarán frear o aumento do paro

    emprego_vilagarcia_100_190209.jpgVILAGARCÍA> O concello solicitou á Xunta dúas subvencións para poñer en marcha o Plan de Cooperación e o programa ‘Achégate’.

    {flowplayer}images/salnes/190209_edil_emprego_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    O concello de Vilagarcía acaba de solicitar á consellería de Traballo unha subvención para a contratación de 43 persoas como parte do Plan de Cooperación. A selección destes traballadores farase a través do Servizo Público de Emprego e o seu cometido será realizar traballos de dinamización no ámbito local. A relación laboral será variable, cunha duración máxima dun ano.

    Outro dos plans que o concello de Vilagarcía está a impulsar é Programa Integrado para o Emprego “Achégate”. O seu obxectivo é formar ós traballadores para axustar os seus perfís ás demandas do mercado laboral, así como favorecer a súa inserción nas empresas da zona. Segundo anunciou o concelleiro de Formación e Emprego, José Membrives, está previsto que cen persoas se beneficien deste programa. Trátase de colectivos con dificultades para conseguir un emprego, como inmigrantes, minorías étnicas, discapacitados, mulleres, mozos de baixo nivel académico ou maiores de 45 anos. Estes proxectos veñen a sumarse ós catro plans experimentais de emprego que se veñen desenrolando en Vilagarcía, cun balance, segundo Membrives, moi positivo.

    O concelleiro de Formación e Emprego salientou tamén que as actuación con cargo ós fondos anticrise que se van poñer en marcha suporán a creación de 240 postos de traballo na vila.

    Redacción Salnés