O executivo boirés deseña un plan de eficiencia enerxética

    planaforroenerxeticoboiro_100_230209.jpgBOIRO> Con esta medida pretenden reduci-lo consumo de enerxía entre un 60 e un 70%.

    {flowplayer}barbanza/planaforroenerxeticoboiro.flv{/flowplayer}

    Dende hai tempo o executivo boirés viña valorando a posibilidade de realizar un plan de aforro enerxético coa finalidade de reduci-lo importante consumo de enerxía eléctrica no municipio, fundamentalmente no alumeado público, e naquelas zonas pouco transitadas.

    Na actualidade existen no concello uns doce mil puntos de luz, que supoñen para as arcas municipais, un custe de ó redor duns 150 mil euros ó ano. Con esta medidade tratará de aforrarse entre un 60 ou un 70% na factura, ó tempo que se reducirá tamén a contaminación lumínica.

    A medida xa está funcionando nalgunhas zonas do municipio como é o caso do Paseo de Praia Xardín e na Avenida da Constitución, prevéndose ampliar a recta de Carragueiros, á Avenida de Avellaneda, á Avenida de Barraña ata cabo de Cruz ou na travesía de Boiro a Abanqueiro e a Cespón.

    Redacción Barbanza