O Vilalonga lévase un derbi marcado pola polémica arbitral

derbi250_230209.jpgA ILLA> Os locais protestaron dous penaltis sobre Kelvin e Diego Peláez que non foron sinalados. A Fran Matos foille anulado un gol na prolongación. Saúl decidíu no 87′ e asinou a quinta victoria celeste noutros tantos desprazamentos á Illa.

{flowplayer}images/salnes/derbi_230209.flv{/flowplayer} 

Como soe ser habitual nos derbis o bo futbol non estivo presente. O Salvador Otero vivíu un duelo moi disputado e reñido, pero sen moitas ocasións de gol. Boa parte de culpa tívoa o colexiado do encontro, Marqués Espiñeira que erexíuse no protagonista da tarde amosando unha ducia de cartóns, parando o xogo constantemente e desquiciando a xogadores, adestradores e público, tanto duns como doutros, aínda que os locais víronse máis perxudicados.

As cousas pintaban ben no inicio con dous goles en apenas vinte minutos, ambos tras erros dos porteiros. O primeiro de Beni, ó cuarto de hora; Roberto Pazos non medíu ben a saída dun corner.

Cinco minutos despois, pasoulle algo similar a Kiko nunha falta botada por Pablo Pillado, que empataba o choque.

O 1-1 calmou a ambos contendientes e non houbo máis achegamentos con perigo ata o descanso.

Xa na segunda metade o dominio foi alterno, aínda que o Vilalonga creaba máis perigo. Saúl avisou dúas veces antes de facer o 1-2. Corría o minuto 42 da segunda metade, e tras unha xogada rocambolesca na que Beni case marca en propia meta, Saúl colleu o rexeite e fixo o gol que lle valeu a victoria ó seu equipo.

Aínda tería unha o Céltiga para empatar pero o colexiado anuloulle un gol a Fran Matos por presunto fóra de xogo.

Tres puntos importantes para o Vilalonga que se instala nunha zona cómoda na táboa mentres que o Céltiga alónxase da cuarta praza.

Redacción Salnés