Boiro sufre un incremento considerable no número de furtos

    incrementoroubosboiro_100_240209.jpgBOIRO> A situación está a levantar unha certa preocupacion na vila, temendo que esta oleada de roubos vaia en aumento.

    {flowplayer}barbanza/incrementoroubosboiro.flv{/flowplayer}

    A Garda Civil e a Policía Local de Boiro están a intensificar estes días a vixilancia nas rúas debido ó incremento rexistrado nas últimas semanas no número de roubos na localidade. Na maioría dos casos os furtos non son demasiado importantes. Trátase de actos delictivos a pequena escala, onde o botín, que chegan a levarse os delincuentes, non é demasiado elevado. Aínda así a situación está a levantar unha certa alarma e preocupación no municipio ante o temor de que estes casos vaian a máis.

    Maior vixilancia

    Dende o concello aseguraron que xa están a tomar cartas no asunto, tratando de aumenta-la presenza policial nas rúas, tratando de evitar na medida do posible, que os cacos campen ás súas anchas.

    Opinión diferente

    Unha opinión ben diferente é a formulada dende a propia Asociación Boiresa de Empresarios. O seu presidente, Carlos Rodríguez Muñíz, considera de que non existe unha excesiva preocupación por este tema entre os comerciantes e empresarios do municipio. Sinala que Boiro é un lugar seguro e non quere crear una alarmismo desmesurado por esta situación.

    Aínda así é consciente do perigo que se corre, e que Boiro poida ser nun futuro non moi lonxano, branco fácil para os delincuentes, polo que se deben extrema-las precaucións.

    Redacción Barbanza