Tuukannen e Herrera dúbidas do Extrugasa ante o Olesa

baloncesto250_270209.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa viaxa mañá cara Barcelona onde se vai enfrontar ó Olesa Español. O conxunto vilagarcián desprázase coas dúbidas de Tuukannen e Miriam Herrera pero convencidas de que poden plantarlle cara ó seu rival, un equipo que loita por meterse no playoff polo título.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_270209.flv{/flowplayer} 

A victoria ante Rivas de hai quince días plantexou no seo do Extrugasa unha cuestión, e é que o equipo estaba capacitado para gañar en moitas das pistas da Liga Feminina. Quizáis esa "victoria extra" relaxou ás vilagarciáns que perderon o bonus a semana pasada tras perder ante o Hondarribia, unha derrota, que segundo Tito Díaz está esquencida.

Tras caer ante as irundarras, o equipo precisa de novo dunha victoria fóra da casa para coller marxe cos seus rivais polo descenso, que terán a partir de agora un calendario máis favorable de partidos. Para gañar mañá, o técnico lucense pide recuperar a defensa e non perder os papeis como nos últimos minutos ante o Hondarribia.

O equipo apurará os seus últimoas adestramentos en Vilagarcía e viaxará mañá pola mañá cara Cataluña. Taru Tuukkanen e Miriam Herrera desprazaranse co resto so grupo aínda que non se adestraron con normalidade esta semana, a finlandesa por proceso gripal e a catalana por unha escordadura de nocello. Ambas son dúbidas para o choque ante o Olesa.

No baloncesto masculino o Inelga xa non ten máis marxe de erro e precisa comezar a colleitar victorias canto antes para non verse agobiado polo descenso. O seu rival desta fin de semana será o conxunto pucelano do Zarzuela Maristas, equipo de metade da táboa, a priori accesible para os de Juan Espiñeira.

Redacción Salnés