Un aparcadoiro subterráneo con 600 prazas mellorará o acceso á cidade

    aparcadoiro_sanxenxo100.jpgSANXENXO> Sanxenxo contará cun novo aparcadoiro subterráneo, nun prazo dun ano. Será na rúa Luis Rocafort, unha das principais vías…

    … de acceso á praia de Silgar. As obras comezarán tralo verán e contemplan unha mellora dos servizos desta rúa de tránsito, que se vai transformar nun espazo comercial. A rúa Luis Rocafort deixará de ter este aspecto, tralo verán. No mes de setembro comezarán as obras para construír un aparcadoiro subterráneo, de 600 prazas. A intervención permitirá mudar o aspecto desta rúa co obxectivo de facela máis atractiva, con beirarrúas máis amplas, xardíns e zonas comercias. O presidente da Deputación firmou hoxe un convenio coa alcaldesa de Sanxenxo para a tramitación destas obras valoradas en máis de 6 millóns e medio de euros, que financiará a empresa concesionaria. Segundo Rafael Louzán, estas obras daranlle un valor engadido á rúa Luis Rocafort.

    A alcaldesa de Sanxenxo asegura que se trata dunha obra moi necesaria no concello que permitirá reordenar o tráfico e dinamizar esta rúa, que é a principal vía de acceso á praia de Silgar, dende a comarca do Salnés.

    Das 600 prazas que se van a construír neste espazo, 180 destinaranse á venda e 420 ao aluguer, por horas. A empresa concesionaria do proxecto será a beneficiaria da explotación deste aparcadoiro, que estará rematado no verán.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/270209_convenio_deputacion_sanxenxo.flv{/flowplayer}