Este venres estréase un documental sobre a historia do grupo ‘Airiños’

    documentalairinos_100_040306.jpgRIANXO> O filme, dirixido por Antonio Caeiro, recolle a evolución da compañía teatral fundada en Asados no ano 1933.

    {flowplayer}barbanza/documentalairinos.flv{/flowplayer}

    A proxección deste documental suporá o peche dos actos de celebración do 75 aniversario do grupo teatral ‘Airiños’ que deron comezo en xaneiro coa representación de ‘A retirada de Napoleón’, obra coa que iniciaron a súa andaina en 1993. O documental, dirixido por Antonio Caeiro, pretende ser unha testemuña da historia deste grupo e a súa evolución, dende os tempos difíciles nos que o teatro, e menos en galego, apenas tiña apoios e a férrea censura impedía a libre expresión dos artistas. Así, a base de recortes de xornais, fotografías, e algún material videográfico, Caeiro narra a historia deste grupo de Asados como un dos principais precursores do teatro ó longo de cas eun século de vida.

    O xeito de narra-la historia non se axusta parámetros clásicos, senón que o director deixa que os protagonistas, tanto os actores como os espectadores, conten a súa propia historia. E precisamente esta historia é a que sirve de marco para a preparación do 75 aniversario e a reestrea de ‘A retirada de Napoleón’ que é como a cinta chega á súa fin.

    Todos aqueles amantes do teatro que desexen coñecer algo máis sobre a historia de Airiños da man deste cineasta, poderán facelo este venres a partir das nove da noite no auditorio de Rianxo.

    Redacción Barbanza