Os afectados pola veda da anchoa esixen a Pesca que pague as axudas

concentracionmarineirosportosin_100_040309.jpgPORTO DO SON> Mariñeiros afectados pola demora nos pagos polo veda da anchoa concentráronse en Portosín para reclamar a Pesca estas axudas.

{flowplayer}barbanza/concentracionmarineirosportosin.flv{/flowplayer}

Dende hai tres anos o caladoiro de anchoa do Cantábrico atópase pechado, xa que a Unión Europea puxo en marcha un plan de recuperación da especie ante o perigo da súa desaparición.

Os mariñeiros galegos afectados polo peche, a meirande parte deles da flota de Portosín, percibiron as axudas asignadas durante o anos 2006 e 2007. Non obstante, en 2008 estes traballadores non cobraron a subvención correspondente, cifrada nuns 3.000 euros por mariñeiro: 1.200 de fondos da Xunta de Galicia e 1.800 do Goberno central.

Agravio comparativo

Noutras Comunidades, como en Cantabria ou no País Vasco, o goberno autonómico xa ten abonado a dita subvención, adiantando incluso con fondos propios a parte das axudas correspondente á Administración central. Por tal motivo, estes traballadores do mar non entenden o motivo do retraso nos pagos por parte da Consellería de Pesca.

Ante a falta de apoio por parte da Federación Galega de Confraría, os mariñeiros pediron a demisión do presidente da entidade, Evaristo Lareo, ao que acusan de enganalos con promesas que non se cumplen.

Redacción Barbanza