Ramón Valiño é dende hoxe o novo xefe da policía local da Pobra

    ramonvalino_100_040309.jpgPOBRA> O novo xefe asume o cargo co obxectivo de recupera-la tranquilidade no seo do corpo da policía local pobresa.

    {flowplayer}barbanza/ramonvalino.flv{/flowplayer}

    Ramón Valiño asume, dende hoxe, a xefatura do corpo da Policía Local da Pobra do Caramiñal. Este axente, de 52 anos e natural da Pobra, leva uns 28 anos formando parte deste corpo, e xa nunha anterior etapa entre os anos 91 e 99 ocupou este cargo durante a alcaldía de Ramón Rego.

    Esta mañá durante o acto de toma de posesión, o alcalde Isaac Maceiras, desexóulle os maiores éxitos, xa que segundo e, serán os éxitos de todo o pobo.

    Despedida

    O alcalde tamén tivo palabras de eloxio para Pedro Fernández, que durante estes últimos oito meses estivo dirixindo o corpo da Policía Local pobresa. No acto o rexedor pobrés fíxolle entrega do escudo da localidade en agradecemento dos servizos prestados.

    Redacción Barbanza