Un suposto estafador realiza análises de auga no nome do concello meco

    estafa-auga100.jpgO GROVE> O sospeitoso é un home de mediana idade, e boa presenza, que percorre o municipio para convencer aos veciños da obriga de analizar a súa auga…

    …Polo de agora, catro veciños do Grove foron vítimas deste timo. O suposto estafador chegou a cobrar ata 1.200 euros, a unha veciña do barrio Virxe das Mareas, por realizar unha análise da súa auga potable. Pero este non foi o único caso. Segundo a edil de Vías e Obras, hai polo menos, outros catro casos, de veciños que foron enganados no nome da administración local.

    O concello alerta aos veciños de que non ten nada que ver con estas análises a domicilio. A administración local recorda que o pago das tarifas por abastecemento de auga deben realizarse no servizo de Recadación, dun xeito presencial ou a través dunha transferencia bancaria.

    O concello pide precaución aos veciños do concello para evitar este tipo de estafas. As persoas de maior idade son as que deben ser máis precavidas porque son as vítimas máis comúns neste tipo de timos.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/040309_estafa_auga_grove.flv{/flowplayer}