Vilanova prepárase para despedir o Entroido co desfile do Momo

    momo_vilanova_100_040309.jpgVILANOVA> Comparsas chegadas de diferentes puntos de Galicia animarán as rúas da vila. Un día antes tocará chorar ó Momo no tradicional velorio.

    {flowplayer}images/salnes/040309_momo_vilanova.flv{/flowplayer}

    Máis de dúas mil persoas desfilarán este domingo polo centro de Vilanova para festexar a fin do Carnaval. Estes serán os participantes, porque como público, o concello calcula que preto de 15.000 espectadores se botarán ás rúas para presenciar o desfile do Momo. O Entroido vilanovés está espertando o interese de veciños e foráneos. De feito, este ano, ademais de contar con comparsas das comarcas do Salnés e Caldas, tamén está previsto que participen carrozas chegadas de lugares como Vigo, Poio, Santiago, A Baña, Negreira ou O Carballiño.

    De novo esta edición do Momo contará coa participación do actor Toñito de Poi e do showman Xacobe Pérez, encargado de presentar as comparsas dende o balcón do concello. O desfile comezará arredor das cinco da tarde, e á queima do Momo no peirao seguiralle unha verbena e fogos de artificio. Isto será o domingo, pero na véspera o loito inundará Vilanova para chorar ó Momo. O velorio comezará o sábado ás 9 da noite na Praza do Concello, e acompañarase dunha degustación de produtos típicos do carnaval regados con viño tinto e queimada.

    Redacción Salnés