O Portonovo chega en estado crítico ó gran derbi

derbi_050309.jpgSANXENXO> Achégase a fin de semana e comeza a medrar o interés e a tensión polo encontro que o domingo van disputar Portonovo e Vilalonga. O derbi entre os derbis, ó que chegan máis necesitados os de Baltar que son últimos na táboa. Falamos cos protagonistas deste partido para saber como o encaran uns e outros.

{flowplayer}images/salnes/derbi_050309.flv{/flowplayer} 

Na xornada 27 chega o derbi máis agardado do ano. Portonovo e Vilalonga disputarán un encontro que a prevese tenso, pola propia rivalidade e pola situación na clasificación, sobre todo a dos locais. A necesidade de victoria é practicamente imperiosa nos de Baltar que terán enfronte a un equipo que se xoga menos, aínda que non se pode despistar porque ten preto o descenso.

Por iso, o factor serenidade antóllase clave para o encontro. Aquel que saiba templar mellor os ánimos e se poida poñer por diante no marcador terá moito gañado.

Roberto Pazos foi un dos grandes protagonistas na semana do Vilalonga. O gardamallas celeste completou un excelente encontro no último partido ante o Santa Comba que lle permitíu ó equipo sumar un punto. Pretende repetir unha actuación semellante aínda que se quita méritos.

No Portonovo tentarán  amargarlle a vida a Pazos. Os de Canle precisan a victoria, sobre todo para comezar a ergue-la cabeza e afrontar o futuro con maior optimismo. Moi pendentes estarán tamén do que ocurra en Vigo, no encontro entre Rápido de Bouzas e Arousa, dous rivais directos pola permanencia. Canle non ten dúbidas sobre o resultado que quere que se dea: empate.

Menos afectará ese partido ó Vilalonga pese a que os de Gabi Leis márcanse coma primeiro obxectivo da temporada a salvación. Queren facer dez ou doce puntos canto antes para vivir o último tramo ligueiro con menor presión.

Augúrase un partido apaixoante. O que gañe desiquilibrará a balanza dos derbis. Ata o de agora houbo 12 enfrontamentos entre ambos na Terceira, cun balance de catro victorias para cada un e catro empates. O domingo romperase.

Redacción Salnés