Satisfacción en Noia pola inminente licitación da ponte sobre a ría

pontesobreria_100_050309.jpgNOIA> A construción da ponte sobre a ría anunciada polo futuro presidente da Xunta foi acollida con satisfacción pola plataforma en contra da variante interior.

{flowplayer}barbanza/pontesobreria.flv{/flowplayer}

Xa en maio do pasado ano, nunha xuntanza cos representantes da plataforma en contra da variante interior de Noia, o propio Alberto Nuñez Feijoo comprometerase a retomar o proxecto da variante combinada cunha ponte sobre a ría.

Agora, a piques de converterse no presidente da Xunta, Feijoo xa anunciou que este precisamente será un dos principais proxectos que impulse dende a Consellería de Obra Pública, co obxectivo de que as obras estean en marcha antes de finais de ano.

Consenso

Este proxecto vén substituír á chamada variante interior, que suscitara unha gran contestación social, polo elevado grao de afección que supoñía. Segundo o voceiro da plataforma en contra da variante interior, a ponte sobre a ría é unha obra froito do consenso posto que o Parlamento Europeo emitiu dúas resolucións garantindo a viabilidade da ponte sobre a ría en resposta á denuncia formulada por un grupo de evciños que en principio se opoñía ó proxecto.

Tamén a confraría de pescadores deu o visto bo a esta infrestrutura que contribuirá, por fin, a darlle unha solución ós graves problemas de circulación que soporta o centro da vila noiesa.

Impacto ambiental

Sen embargo, esa viabilidade é posta en dúbida por algunhas organizacións ecoloxistas, entre elas ADEGA que consideran que a infraestrutura afectará gravemente ó LIC de Esteiro do Tambre, á paisaxe litoral da ría de Noia e mesmo provocará cambuos de correntes que porán en perigo os bancos marisqueiros da ría.

Redacción Barbanza