Tourís e Durán piden a Feijoo que anule o polígono de Tremoedo

    touris_duran100_050309.jpgCAMBADOS> A vitoria do PP terá consecuencias directas nalgúns proxectos polémicos no Salnés, como o polígono Tremoedo – András.

    {flowplayer}images/salnes/TOURIS_DURAN_POLIGONOS.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Os populares do Salnés xa o viñan dicindo na campaña. Se gaña o PP non haberá parque empresarial en Tremoedo.

    Un argumento que se cadra xustifica o record de votos conseguidos polo PP nesta parroquia de Vilanova, 455, fronte ós 61 do BNG e os 149 do PSOE. Agora que gañaron, están seguros de que a nova Xunta de Núñez Feijoo paralizará o proxecto impulsado pola nacionalista Teresa Táboas desde a Consellería de Vivenda e Solo.

    Julio Varela e Gonzalo Durán compareceron esta mañá en Cambados xunto ó alcalde José Manuel Cores Tourís para falar do futuro dos polígonos de Baión e Sete Pías. Durán insistiu en cualificar de aberración o proxecto de Tremoedo e considera que Ande – Baión di é a zona idónea para situar a área industrial. Lembrou que así se recolle no convenio asinado en 2005 con Feijoo cando era conselleiro da COTOP e co que se iniciou a construción do polígono de Baión.

    O alcalde de Cambados aproveitará o cambio de goberno para reclamar a ampliación de Sete Pías, un proxecto que lle paralizou o bipartito. Os alcaldes populares confían tamén que a nova Xunta saque adiante os planeamentos urbanísticos paralizados polo bipartito, amais doutros proxectos como o centro comercial de San Miguel, en Vilanova.

    Redacción Salnés