VILANOVA> Os operarios comezaron o xoves cos traballos para desmontar a antena de telefonía móbil construída en Corón, que tiña en vilo a os veciños da zona…
… A instalación será retirada da zona, nas vindeiras semanas. Os veciños, que xa se mobilizaran para esixir a retirada desta antena, están agora satisfeitos.
A instalación está ubicada a menos de 200 metros das casas, e do colexio do lugar, o que facía temer pola saúde dos que frecuentaban a zona. Despois de levar a cabo varias mobilizacións ante o concello e contra a empresa responsable da antena, os veciños estaban hoxe felices.
O concello de Vilanova iniciou os trámites administrativos para retirar esta instalación, no ano 2001, alegando que a antena non contaba coa licenza de funcionamento. O órgano xudicial deulle a razón ao concello e obriga á empresa Vodafone a retirar esta infraestrutura.
Os veciños de Corón piden que se instalen as antenas en terreos, lonxe das vivendas. Segundo os veciños, a antena de telefonía móbil emitía radiacións, 30 veces por riba do nivel permitido pola lei.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/060309_antena_coron.flv{/flowplayer}