Dous malos inicios de partido condenan a Arousa e Céltiga

futbol250_090309.jpgSALNÉS> O Arousa acadou un empate no Baltasar Pujales ante o Rápido de Bouzas despois de igualar o 2-0 en contra co que se fora ó descanso. O mesmo pasoulle ó Céltiga, que víuse moi pronto en desvantaxe ante o Narón; pero os da Illa non foron que de darlle a volta o resultado.

{flowplayer}images/salnes/futbol_090309.flv{/flowplayer} 

Uns primeiros vinte minutos malos condenaron ó Céltiga frente ó Narón. Nese tempo, os da Illa recibiron dous goles precedidos por dous erros defensivos, que xa foron decisivos.

Con 0-2 no marcador lanzáronse a pola victoria e no ecuador da segunda metade foron quen de recurtar diferencias grazas a un gol de Diego Peláez. A partir de ahí, fóronse con todo cara arriba e a piques estiveron de concederlle o terceiro ó Narón.

A xogada clave do encontro chegou a un cuarto de hora para o final. Diego Rivas derrubou a Kelvin dentro do área e o árbitro sinalou penalti, aínda que non expulsou ó gardamallas visitante. No lanzamento da pena máxima Camiño non acertou e ahí esfumáronse as opcións dun Céltiga que protestou moito a actuación do colexiado Comesaña Bastero, ó que acusaron de medir con distinto raseiro a uns e outros.

Este tropezo deixa o Céltiga a catro puntos do cuarto clasficado, o Alondras.

A un da salvación sitúase o Arousa. Pese a semana convulsa que viviron o partido de onte dos de Pablo Vázquez foi máis que notable, pero iso non lles servíu para levarse a victoria.

Os dianteiros locais gañáronlle as costas ós defensas arlequinados dúas veces, e nas dúas a xogada rematou en gol. Con 2-0 en contra e sen nada que perder o dominio do Arousa foi total.

Padín tivo ata catro ocasións nas que rozou o gol. Despois, deulle o pase a Hugo no 2-1 e fixo a igualada mediada a segunda metade.

Co empate, ambos conxuntos déronse por satisfeitos. O 2-2 permite ademais que o Arousa lle gañe ó Rapìdo o golaverage, algo que pode ser decisivo a final de temporada.

Redacción Salnés