Vilanova ‘queima’ a Solbes na súa Festa do Momo

momo100_090309.jpgVILANOVA> Pedro Solbes. Por fin desvelouse o misterio mellor gardado de Vilanova, a identidade do Momo.

{flowplayer}images/salnes/FESTA_MOMO.flv{/flowplayer}

VILANOVA> Vicepresidente Segundo do Goberno e Ministro de Economía e Facenda. Por fin desvelouse o misterio mellor gardado de Vilanova, a identidade do Momo 2009. Pedro Solbes desfilou nunha carroza amenizada polos pobres e mendigos de Vilanova.

O sábado, véspera da gran festa tivo lugar o velorio cas choronas e a música das charangas Solfamidas e Morreu Ánxelo. Rematou a xornada con degustación gratuíta de filloas, orellas, queimada, viño tinto e verbena co Dúo Colores. O Goberno Local contou coa colaboración de distintos colectivos do municipio como o persoal das Casas de Cultura, do Servizo Municipal de Vías e Obras, responsables da Policía Local e Protección Civil, as asociacións de Mulleres Rurais do municipio, a asociación de comerciantes Vilanova Centro, a Asociación de Familias Rurais Vista Real de Corón, a Asociación Xuvenil Ansuíña e a comparsa vilanovesa Vellas Glorias.

Como xa é tradición, o showman Xacobe Pérez leu o pregón e presentou as carrozas e comparsas dende o balcón do Concello. O séquito do Momo Solbes estivo formado por mais de 25 agrupacións e comparsas, centos de disfraces individuais, de parellas e grupos, así como numerosas carrozas.

A organización estima que máis de 2.000 persoas participaron onte no espectacular desfile de mais de tres Kilómetros, dando vida, un ano mais a esta tradición con tanto arraigo no municipio. Entre os participantes puidemos ver aos de Negreira co espectáculo dos paiasos da tele, Os marchosos de Portonovo de esquimales, as rapazas da piscina e o ambiente dos San Fermíns, un pouco adiantados en datas. Non podía faltar a carroza da raíña, Cristina Leiro, que amais presentouse a Miss Pontevedra e unha sardiña de oito metros de lonxitude, que ardeu co Momo.

Outro habitual da Festa do Momo é Toñito de Poi que compuxo unha letra especial, inspirada en Pedro Solbes, cunha coñecida melodía. Ao finalizar o percorrido polo Momódromo, ardeu a principal figura de escarnio vilanovesa e todo rematou cunha gran tirada de fogos artificiais.

Redacción Salnés