NOIA> Aínda así esperará á decisión da asemblea local e a unha próxima xuntanza co PSOE para dar a coñece-la súa postura final ó respecto.
{flowplayer}barbanza/crisebipartitonoia3.flv{/flowplayer}
Ó outro socio do goberno bipartito noiés, o BNG, a decisión da alcaldía colleuno por sorpresa. O tenente-alcalde e voceiro desta formación política, Bieito González, sinalaba esta mañá que o grupo socialista se estaba equivocando con esta decisión, poñendo por riba dos intereses dos veciños os do propio partido.
Rotura do pacto de goberno
Para o BNG esta postura supón a rotura do pacto de goberno, asinado entre socialistas e nacionalistas en xuño de 2007, e que posibilitou a chegada dos dous partidos ó goberno noiés.
Aínda así, dende o BNG manteñense cautos, á espera dunha asemblea da formación, na que se analizará polo miúdo a postura a manter ó respecto.
Redacción Barbanza