Unha guía didáctica achega a historia de Sanxenxo ós rapaces do municipio

    sanxenxo_raices_de_mar_100_100309.jpgSANXENXO> Os editores de ‘Sanxenxo, raíces de mar’ imparten charlas educativas nos colexios de Dorrón, Noalla e Vilalonga.

    {flowplayer}images/salnes/guia_sanxenxo_colexios.flv{/flowplayer} 

    Os contidos do libro, explicados co apoio de diapositivas, van desde curiosidades e datos sobre arqueoloxía, Castros, Mámoas, ata os mais recentes hórreos e pazos. O Medio Ambiente, as parroquias ou lugares, chegaron esta mañá aos alumnos e alumnas de terceiro, cuarto, quinto e sexto do colexio de Dorrón. O obxectivo das charlas é o mesmo que o da guía: dar a coñecer os aspectos mais descoñecidos da historia de Sanxenxo.

    Despois da presentación tivo lugar unha charla coloquio sobre o exposto, onde os rapaces puideron facer preguntas e intercambiar impresións. Os alumnos, tiñan moi claro o que mais lles gustou: as fotografías inéditas das escavacións arqueolóxicas na Lanzada, dos anos setenta. Esas e outras curiosidades, atópanse na guía didáctica, ‘Sanxenxo, raíces de mar’.

    Redacción Salnés