A Deputación edita un documental sobre o Centro de Lourizán

    lourizan100_120309.jpgPONTEVEDRA> A Deputación presentou o audiovisual ‘Centro Forestal de Investigación Lourizán’ incluído na colección ‘Natureza Galega’.

    {flowplayer}images/salnes/DVD_LOURIZAN.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra presentou o audiovisual ‘Centro Forestal de Investigación Lourizán’ incluído na colección ‘Natureza Galega’.

    Neste documental de 25 minutos faise un percorrido a través da imaxe polo Centro, un terreo no que se conxugan arte e natureza. A finca conta con 52 hectáreas das que 36 conforman o actual xardín botánico que alberga especies moi singulares, entre as que destacan magnolios centenarios e camelias que levan asentados en Lourizán dende hai máis de século e medio. Destacan tamén dúas árbores, unha abeleira e un buxo, que roldan cada unha delas os 200 anos.

    Ademais da diversidade vexetal, a través deste documental temos a oportunidade de contemplar as edificacións que se atopan espalladas polo terreo e que non rachan a harmonía coa natureza. Tamén as fervenzas e fontes aparecen recollidas no vídeo como un complemento idílico da marabillosa vexetación.

    A Deputación decidiu editar este traballo coa intención de dar a coñecer a riqueza de Lourizán e os seus valores máis salientables: dunha banda a súa faceta científica e, pola outra, o seu labor pedagóxico, xa que os seus paseos permiten que escolares e interesados en xeral coñezan plantas que pola súa rareza so aquí están presentes.

    Redacción Salnés